Loading...

Historia do Club Baloncesto Condado


HISTORIA DO CLUB BALONCESTO CONDADO




O Club Baloncesto Condado ten as súas raíces no antigo Instituto de Bacharelato de Ponteareas e surxiu polo desexo dun grupo de amigos que moitos días facían dos seus descansos entre clases unha xornada deportiva, onde o balón non paraba de botar, e os rapaces mesturábanse coa intención de gañar o partido do recreo.


A necesidade de dar un paso mais fíxolles acudir á Federación Galega de Baloncesto no ano 1982, xogando a súa primeira tempada xa en 1983, e desde esta data ininterrompidamente disputou a liga Provincial, tendo durante varias tempadas tamén equipo en categoría xuvenil que desapareceu por falta de apoios.

O equipo senior posúe un persoal que mestura mocidade e veteranía do mesmo xeito que nos seus inicios, e disputa os seus encontros no Polideportivo Municipal de Ponteareas, e o orzamento cóbrese con achegas dos xogadores, o patrocinio dende hai xa moitos anos de Electrica Sestelo e Cia, e nos últimos anos de novos colaboradores como Óptica Mahen, Rodosa ou Ortodoncia Sabelacasasnovas, así como ás aportacións das institucións oficiais como son o Concello de Ponteareas, a Deputación de Pontevedra e a Xunta.


Baixo a dirección de Francisco "Kiko" Gamallo, o club converteuse tamén na referencia da comarca para a ensinzanza do baloncesto, creando equipos de categoría base do CB Condado e medrando en número de licenzas cada ano, con excepción da tempada da SARS-Cov2, tendo na úlitma tempada máis de 110 licenzas.


Ademais da participación actual na liga Senior e en categorías de formación da Federación Galega, o club tamén leva o baloncesto ao longo da comarca, con Escolas Deportivas actualmente en As Neves e Salvaterra.

No 40 aniversario do CB Condado, constituiuse unha nova directiva que esperar continuar co crecemento do club.

O último
O día do Club
hai un ano
REUNIÓN FIN DE TEMPADA XOVES 15, 21H NO SPORTIVO
hai un ano
SÁBADO DE PARTIDOS NO ÁLVARO PINO!
hai un ano
Colaboradores
Patrocinador principal
Patrocinadores oficiales
Entidade pública colaboradora
Patrocinadores de equipo
Colaboradores
Patrocinador principal